Saturday 20 de April de 2024

68 pilotos de Galicia, Asturias e Portugal compiten este fin de semana no IV Rallymix Concello de Touro


A proba automobilística valedeira para o Campionato de Galicia Rallymix 2021 dispútase nas pistas de terra e asfalto de Loxo

Un total de 68 pilotos de Galicia, Asturias e Portugal competirán este fin de semana, 28 e 29 de agosto de 2021, no IV Rallymix Concello de Touro, que terá lugar nas pistas de terra e asfalto de Loxo (Concello de Touro). O IV Rallymix Concello de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo, Xacobeo 2021-2022 e Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2021. Os inscritos en kartcross suman 24 inscritos. Os outros 44 pilotos competirán na categoría de turismos.

José Ramón González, presidente da Escudería Touro Motor, destaca que ata Touro chegarán a maioría dos pilotos que están loitando no Campionato de Galicia Rallymix 2021. “O nivel dos pilotos será moi alto e a proba desperta moito interese entre os afeccionados ao automobilismo”.

O Rallymix Concello de Touro 2021 conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O circuito discurrirá pola estradas parroquia de Loxo. O sábado 28 de agosto a primeira manga empezará ás 15.00 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comenzarán ao remate das anteriores. O domingo día 29 de agosto contará con outras dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda comenzará nada máis rematar esa cuarta pasada da proba. Posteriormente está prevista a entrega de trofeos.

O presidente da Escudería Touro Motor confía en que acuda numeroso público e afeccionados de toda Galicia e de fóra da comunidade autónoma a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2021. O anterior Rallymix Condello de Touro celebrouse en 2019. Espérase un fin de semana asollado. Por outra banda, desde a organización destacan que se cumplirá o protocolo Covid19 para este tipo de competición e piden aos asistentes que utilicen a máscara sempre que sexa necesario e que garden a distancia de seguridade

“Queremos desexarlle sorte a todos os inscritos e que todo o afeccionado que se achegue a Touro poida desfrutar dun din de semana de automobilismo”, destaca o presidente da Escudería Touro Motor, José Ramón González.